Samsung vén de lanzar no noso país os lentes de realidade aumentada Samsung Gear VR, especialmente pensados para disfrutar como complemento do Galaxy Note 4. Están baseados na tecnoloxía Oculus e especialmente optimizados para a pantalla Quad HD Super AMOLED de 5,7 polgadas que integra o citado smartphone.
Con elas as usuarias son quen de trasladarse a unha realidade paralela, cunha sensación envolvente en tres dimensións que serve tanto para consumir cinema e audiovisual en xeral como para os videoxogos, un eido no que este tipo de dispositivos son máis habituais.
Todo está pensado para que sexa doado de empregar e intuitivo, polo que a primeira vez que se sincronizan os lentes co Note 4 xa se descarga o software necesario e a tenda de contidos, dividida en tres seccións: aplicacións, entretemento e xogos.
O Samsung Gear VR estará dispoñíbel a partir do 20 de febreiro por 249 €, un prezo no que se inclúe un Game Pad.
Bonus: Reaccións a porno coas Gear VR.