Jazztel tamén empeora as súas tarifas

jazztel jazzcard

Nos últimos meses son varios os operadores que empeoraron as súas condicións ou tarifas (R, Movistar…). O último en sumarse a esta fea moda é Jazztel, que vén de anunciar cambios que afectaran ás súas clientas a partir do 2 de marzo.

As usuarias dos servizos prepagamento de Jazztel (Jazzcard) pasarán a pagar 19 céntimos por cada sms (fronte os 11 actuais), así como 9,5 cént/MB adicional rematada a tarifa de datos, en vez dos 7 que se lles cobran agora. Non será o único cambio a peor que fará esta compañía, xa que o bono adicional de 250 MB que agora custa 3 euros pasará a 3,5 euros.

Ao tratarse de servizos prepagamento, entendemos que non debe haber ninguén con permanencia algunha; de habela, estes cambios dan dereito a mudar de compañía sen penalización.

Sobre o autor

Reply