Energy anuncia o Phone Max, unha aposta polo equilibrio

Energy Sistem vén de anunciar o seu novo smartphone Energy Phone Max, que aposta polo equilibro de prestacións a un prezo contido.

energy phone max carcasas

Das súas especificacións cómpre destacar a súa pantalla IPS OGD HD de 5 polgadas (1280 x 720 píxeles), acompañada dun procesdor de catro núcleos Cortex A7 a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB.

As súas cámaras son de 8 e 5 Mpx, para principal e frontal respectivamente; hai que destacar que a frontal ten flash, o que permite sacar mellores selfies cando as condicións lumínicas non son tan boas. Dispón de capacidade dual sim e vén con Android 4.4.

energy phone max

Ponse á venda con 3 carcasas intercambiábeis (vermella, verde e negra), o que permite ás usuarias aumentar as opcións de personalización. O seu prezo, 129 €, é outro dos atractivos dun dispositivo que aspira a competir nesa liña difusa entre a gama de entrada a e media.

Sobre o autor

Reply