HTC confirma a presentación do novo HTC One no MWC

htc one m9 mwc15

Os rumores apuntaban a que HTC presentaría o seu novo buque insignia, o novo HTC One (M9), durante o MWC de Barcelona. Esta información vén de ser confirmada cunha imaxe publicada por HTC UK en Twitter, onde din sen rodeos que veremos o novo HTC One.

Con certeza non será o único que presenten en Barcelona; as especulacións apuntan a que tamén veremos wearables (quizais unha pulseira, quizais un reloxo Android Wear) e pode que unha versión mellorada da súa cámara de acción.

En menos de dúas semanas, todos os segredos serán desvelados. Estades preparadas?

Sobre o autor

Reply