As mellores tarifas por menos de 3,50 € para usuarias pouco activas

aforro android

Existe un número importante de usuarias que fan un uso mínimo do móbil, pero que non queren renunciar a ter unha pequena cantidade de datos que lles permitan mandar mensaxes de WhatsApp ou consultar algunha que outra cousa puntualmente.

As opcións de cartón prepago son algo incómodas, pois fannos ter que andar pendentes de recargar as tarxetas ou consultar o saldo, pero existen opcións de contrato (ollo, algunhas válidas para ambas modalidades) moi económicas sen ter incluídas cousas que realmente non precisamos.

A opción máis barata é Simyo coas súas revolucionarias tarifas que as clientas poden construír a medida. Por 1 € dan 100 MB de datos (300 MB por 2,50 €), saíndo as chamadas a 6 cént/min cun establecemento de 18,15 cént/chamada. Con todo, tamén podemos seleccionar algunha opción de minutos incluídos, por exemplo 30 minutos por 2 €, polo que coas combinacións máis económicas teríamos 100 MB e 30 minutos por 3 euros.

Seguindo na listaxe temos a Happy Móvil, o operador móbil de The Phone House, coa súa tarifa “Habla y Navega Básica”, que por 2,50 € ofrece 250 MB. Ademais, os 10 primeiros minutos de cada chamada son a 0 cént/min, e o resto a 1 cént/min, cun establecemento de 18,15 cént/chamada.

Cunha tarifa semellante en canto a voz (10 primeiros minutos gratis, resto a 1,21 cént/min e establecemento de 18,15 cént/chamada), República Móvil oferta 300 MB por 2,90 €, coa salvedade de que se superamos a cantidade agasállannos con 50 MB extra.

Quen queira ter unha marxe de datos un pouco maior pode optar novamente por Happy Móvil, desta vez coa tarifa “Habla y Navega Mini”, que a diferenza da básica ofrece 500 MB por 3,50 €.

Estas 3 compañías empregan a rede de Orange, e son un exemplo de que é posíbel adelgazarmos a factura de móbil axustando os gastos ás nosas necesidades reais de consumo. Para que imos pagar por cousas que non empregamos?

Sobre o autor

Reply