Canto máis próximo está o MWC, máis filtracións chegan. A última vén da man de upleaks, que vén de publicar imaxes e vídeos (varios borrados) de introdución ao HTC One (M9), o teléfono que HTC presentará este mesmo domingo en Barcelona.
As imaxes amosan que hai poucas novidades en canto a deseño, cumpríndose o peor dos prognóstios nese sentido. Porén vemos unha importante evolución na cámara, apostando por un sensor de 20 Mpx para a cámara principal e deixando a tecnoloxía UltraPixel para a frontal.
https://www.youtube.com/watch?v=8iE70XFxV_w
Para o sistema de son HTC volve elixir BoomSound, con dobre altofalante frontal que fará as delicias das usuarias ao reproducir multimedia.
Será o domingo ao mediodía cando HTC faga oficial este trebello, e o máis probábel é que chegue acompañado dun wearable en modo de pulseira.
Que vos parece?
Un htc one m8 vitaminado, espero que exista outro one plus ou como queran chamalo e innoven un pouco máis, aínda así para min htc son os mellores en optimización e interface dentro de android.
Si, moi dacordo con iso