Pebble anuncia un novo reloxo intelixente con pantalla a cor e compatíbel con Android

pebble 2

Pebble vén de amosar o seu novo reloxo intelixente, un dispositivo que mellora en todos os aspectos o deseño do modelo orixinal. E é que o novo Pebble é máis lixeiro, menos aparatoso e integra pantalla a cor, aínda que con tecnoloxía e-paper, de menos calidade que os paneis OLED ou LCD pero cun consumo moitísimo menor, o que deriva nunha autonomía de 7 días.

pebble

No novo modelo melloraron o sistema operativo, aínda que segue sendo compatíbel coas máis de 6500 aplicacións e interfaces que hai desenvoltas até o momento.

Está dispoñíbel en varias cores (vermello, negro e branco), e pódese mercar unicamente a través da plataforma Kickstarter, e o prezo dependerá do momento no que se faga a compra: os primeiros custan 159 $, pero cando se agoten estes pasarán a 179 $ e finalmente 199 $, polo que se estades interesadas aconsellámosvos que vos fagades con el axiña na súa páxina.

Sobre o autor

Reply