Un xuíz determina a suspensión de WhatsApp no Brasil por non acatar unha orde xudicial

whatsapp brasil

[Actualización 22:40h] Brasil levanta o bloqueo a Whatsapp. Máis info

Un xuíz vén de ordear aos proveedores de telefonía móbil de Brasil a suspensión de WhatsApp logo de que a compañía da popular aplicación de mensaxería non acatase unha orde xudicial.

Os feitos producíronse logo de que o xuíz Luiz Moira, do Estado de Piauí, ordease a WhatsApp eliminar dos seus servidores imaxes de menores compartidas por un grupo de pederastas a través desta aplicación. Ao non cumprir con esta petición, o xuíz mandou ir un paso máis aló e suspender o servizo temporalmente até que cumpran o requerimento xudicial.

Malia todo, desde o 11 de febreiro, data na que se cursou a orde, WhatsApp segue funcionando con normalidade, aínda que isto podería mudar nas próximas horas, xa que o tema acadou maior repercusión.

Deixando de lado as causas que levaron ao xuíz a tomar esta medida, o movemento supón un precedente, xa que evidencia que as aplicacións non son sistemas de comunicación en si e poden estar suxeitas a actuacións xudiciais. É dicir, ninguén podería (a priori) bloquear todas as chamadas ou os sms nun país por un caso coma este, mais si o funcionamento dunha aplicación. A pregunta que nos facemos é: onde está o límite? Quen o decide?

Vía

Sobre o autor

Reply