No 2013 nacía a familia HTC One co M7, o primeiro dunha serie de terminais que destacarían polo seu hardware, un coidado deseño e a presenza do aluminio como principal material escollido para a súa construción.
Esta semana, no marco do Mobile World Congress, coñecemos a última incorporación da familia, o HTC ONE (M9) que se mantén na mesma liña que comezou a empresa no 2013. Como podedes ver na seguinte táboa, HTC é pouco ambiciosa en canto a novidades ou innovación, polo que sen negar a calidade dos seus produtos (e pensando que as cifras de vendas tampouco acompañan), cremos que deberían ter dado un xiro e presentar un produto totalmente renovado.
| HTC ONE | HTC ONE (M8) | HTC ONE (M9) | |
| Pantalla | 4.7″ | 5″ | 5″ |
| Resolución / ppi | 1080×1920 / 469 | 1080×1920 / 441 | 1080×1920 / 441 |
| Procesador | 1.7 GHz (quad-core) | 2.3 GHz (quad-core) | Snapdragon 810: 4 núcleos a 2 GHz e 4 núcleos a 1.4 GHz |
| RAM | 2 GB | 2 GB | 3 GB |
| Memoria | 32/64 gigas | 16/32 gigas | 32 gigas |
| Cámaras | 4 (ultra pixel)/ 2.1 Mpx | 4 (dual) / 5 Mpx | 20 / 5 Mpx |
| Batería | 2300 mAh | 2600 mAh | 2840 mAh |
| Cores | Jelly Bean | KitKat | Lollipop |
E vós, que pensades de HTC: se tedes que mudar de terminal elixiriades este produto?

