Onte asistimos á presentación do Galaxy S6, a principal aposta de Samsung para o ano 2015. Como xa vos comentamos onte, o certo é que o fabricante coreano deu un golpe na mesa e sorprendeunos a todos coa inclusión dun procesador de fabricación propia e a presenza de aluminio, deixando ao lado o plástico. Ademáis do Galaxy S6 presentou o Galaxy S6 Edge, que se diferenza principalmente na pantalla, que acaba en curva nos laterais.
Ao carón desta presentación, pensamos que é momento para facer unha comparativa entre o que foi o primeiro Galaxy S, presentado no 2010, e os 3 membros máis recentes da familia.
| Galaxy S | Galaxy S4 | Galaxy S5 | Galaxy S6 | |
| Pantalla | 4″ | 5″ | 5.1″ | 5.1″ |
| Resolución / ppi | 480×800 / 233 | 1080×1920 / 441 | 1080×1920 / 432 | 1920 x 2560 / 577 ppi |
| Procesador | 1 GHz (single core) | 1.9 GHz (quadcore) | 2.5 GHz (quadcore) | Exynos 720 a 2.1 GHz (octacore) |
| RAM | 512 megas | 2 GB | 2 GB | 3 GB |
| Memoria | 8/16 GB | 16/32/64 GB | 16/32 GB | 32/64/128 GB |
| Cámaras | 5 / 0.3 Mpx | 13 / 2 Mpx | 16 / 2 Mpx | 16 / 2 Mpx |
| Batería | 1500 mAh | 2600 mAh | 2800 mAh | 2550 mAh |
| Versión Android | Eclair | Jelly Bean | KitKat | Lolipop |
Nestes 5 anos a evolución é notábel, así como a mellora de sensacións que conseguimos cando usamos un terminal recente. Xa non son noticia as cousas que podemos facer cun terminal, como pasaba no ano 2010, agora queremos ter a mellor experiencia de uso posíbel.
Que vos pareceu o novo Galaxy S6? Pensades que pode ser o voso novo móbil?

