Google+ divídise en Fotos e Google+ Streams

google plus

Pois si, a rede social de Google semella que non remata de atopar o camiño do éxito e o número de usuarias activas non é moi relevante, as cousas como son.

Para tentar de mellorar esta situación Google está divindo a rede social dándolle vida propia a alguns elementos que a compoñen. Por exemplo, o apartado de fotos vaise separar de Google+ dando vida a unha aplicación propia. Este movemento tamén afectará ao nome de Google+ que pasará a chamarse Google+ Streams.

Ademáis do que vos acabamos de comentar, estes movementos tiveron outra consecuencia, que é a saída do máximo resposábel até o de agora, David Bresbis deixando paso a Bradley Horowitz que fai algún tempo, deixou aberta a posibilidade de que Hangouts tamen se independice de Google+

Veremos nos próximos meses que acontece coa parte máis social de Google.

Sobre o autor

Reply