En paralelo co desenvolvemento dos wearables, semella que os diferentes fabricantes entanse a interesar pola realidade virtual. É o caso de HTC, que vén de colaborar con Valve para o lanzamento duns lentes de realidade virtual que estará dispoñíbel na primavera para as desenvolvedoras e a finais de ano para todas as consumidoras. Falamos dos HTC Vive.
Vive ofrece unha experiencia envolvente grazas a unha solución de seguemento e control en 360 graos, con gráficos de alta calidade (ao dispór dunha taxa de refresco de 90 frames por segundo) e son en alta fidelidade.
Xunto a Vive, HTC presentou un mando VR universal que permite ás usuarias integrarse no entorno virtual; comercializaranse en parellas e, segundo aseguran, están pensados para que o seu uso sexa moi intuitivo e sinxelo, de maneira que calquera usuaria poida empregalo, sen ter que ser unha persoa demasiado tecnofanática.