Google anuncia nova versión de Android: 5.1 – Lollipop

android 5.1

A confirmación accidental da existencia de Android 5.1 que Google adiantou hai unhas semanas vense de facer oficial tras o anuncio que a compañía realizou onte á tardiña. Android 5.1 (Lollipop) é a versión máis actual de Android e chega para corrixir moitos bugs detectados en 5.0 que afectaron mesmo á saga Nexus.

Android 5.1 engade algunha que outra funcionalidade menor, como o soporte nativo para manexar máis dunha tarxeta SIM, recupera unha das funcionalidades que fora eliminada (con moita crítica) en Lollipop, o modo silencio, e mellora en xeral moitos aspectos básicos do terminal, como a xestión da RAM, da batería, da WiFi, etc.

A actualización chegará por OTA proximamente, aínda que xa están dispoñíbeis as imaxes de fábrica para o Nexus 5, Nexus 7 2012 e Nexus 10.

Sobre o autor

Reply