Como xa avanzara Sundai Pichai no pasado MWC, por fin sabemos dun xeito oficial as especificacións do novo Chromebook Pixel que foi presentado esta tarde. O certo é que podería ser unha revisión da primeira versión, pois esteticamente son moi similares.
As novidades atopámolas no seu interior pois contamos con dúas versións con especificacións diferentes:
- Se nos decidimos pola versión de 999$ teremos un procesador Intel Broadwell-U i5 a 2,2 GHz, 8 gigas de ram e 32 gigas SSD.
- Se precisamos algo máis de potencia, e estamos dispostos a gastar 1299$ teremos un procesdor Intel Broadwell-U i7 a 2,4 GHz, 16 gigas de ram e 64 gigas SSD.
En canto á conectibidade atoparemos, lector de tarxetas, dous conectores USB-Type C e outros dous usb 3.0 cos cales non debemos ter problemas á hora de conectar os nosos periféricos.
Ademáis queremos sinalar que se fixo unha importante mellora coa batería, conseguindo até 12 horas de autonomía e no caso de ter que facer unha carga de urxencia, con tan só 15 minutos de carga teremos 2 horas de autonomía.
En canto ás dimensión dicir que contamos cunha pantalla 12,85 polgadas e 2560×1700 de resolución e 239 ppi, nun panel multitactil. O seu peso é 1.5 kilos.
Como poderiamos agardar, Google aposta por ChromeOS ese sistema orientado á nube e para non ter problemas de espazo, ven con 1 tera en Google Drive durante 3 anos.
A verdade é que fai uns días comprei un Acer c720 e non entendo a existencia de semellante hardware para un sistema como ChromeOS. Mais que nada por que é taaaaan limitado que non vexo por onde se lle pode sacar proveito. Non sei…unha pena que non cheguen as apps de google play totalmente compatibles. Mentras creo que os chromebook quedan para os que somos mais frikis. Iso si, o Acer saíume tirado de precio e o pouco que fai faino moi ben. 🙂