Vueling anuncia WiFi nos seus voos da man de Telefónica

Vueling e Telefónica veñen de facer público un acordo para levar WiFi de alta velocidade aos voos da compañía aérea, convertíndose na primeira aeroliña de baixo custe europea en ofrecer este servizo.

Os avións da compañía equiparanse cun sistema de conexión por satélite, tendo dispoñíbeis no interior 3 puntos de acceso WiFi para garantir a cobertura na totalidade da cabina. Esta rede terá unha velocidade de até 20 Mbps de descarga e 10 Mbps de suba, paradoxicamente, moi superior á que ofrece Movistar en moitos puntos do país por ADSL.

vueling wifi

Deste xeito, as usuarias de Vueling poderán conectarse á rede desde os seus smartphones, tablets e mesmo portátiles cunha experiencia semellante á que teñen na casa. En canto a prezos, a compañía non quixo adiantar que plans pretende implantar, aínda que aseguraron que serán moi axustados para que o servizo teña éxito.

Sobre o autor

Reply