Google aumenta o control das aplicacións na Play Store

play store

Estes días fomos coñecendo novidades relativas á seguridade das aplicacións da Play Store, todas elas orientadas a que as usuarias teñamos máis información e poidamos confiar no que nos descargamos desde a tenda oficial de Google.

A primeira delas ten que ver coa aprobación manual de novas aplicacións por parte de Google: isto é, cando unha desenvolvedora suba unha aplicación esta será revisada por parte de Google antes de ser publicada, o que evitará en grande medida a aparición de ferramentas con fins maliciosos.

Pero este non é o único cambio que estamos a descubrir estes días, xa que Google está a pedirlle ás desenvolvedoras información sobre se venden ou comparten información adquirida mediante as apps con terceiros, de maneira que teña que aparecer nos TOS, aumentando a seguridade para nós como usuarias.

Finalmente, tamén se engade a calificación por idades, que pode ser de grande interese para nais e pais que queren verificar o que teñen as pícaras da casa instalado no seus trebellos.

Que vos parecen estes cambios?

Sobre o autor

Reply