The Juicer, o cable que permite compartir enerxía entre 2 teléfonos

A batería, ese prezado (e ás veces escaso) ben. Seguro que en máis dunha ocasión vos atopáchedes sen batería no voso smartphone, aínda que se sodes precavidas xa andaredes cun powerbank preto que vos permita darlle un chute de enerxía extra aos vosos trebellos.

juicer 2

Unha idea diferente é a que plantexa The Juicer, un proxecto de Indiegogo que consiste nun cable cun porto microUSB en cada extremo que permite transferir enerxía entre dous teléfonos. O funcionamento é tan sinxelo como podedes imaxinar: só hai que enchufar os dous extremos, atendendo a que a enerxía só viaxa nun sentido.

The Juicer ten unhas dimensións minúsculas que permiten levalo en calquera lado (7 x 2 mm) e un prezo de partida bastante atractivo: 10 dólares / cable, aínda que hai que sumar 10 dólares en concepto de envío fóra dos EEUU.

Máis info: Indiegogo

Sobre o autor

Reply