Vodafone completa a integración dos clientes de Ono e ábrelles as portas ao 4G

vodafone

Logo de que Vodafone mercase ONO, unha das incógnitas estaba na migración dos clientes de móbil da cableira á rede de Vodafone, xa que até ese momento empregaban a cobertura de Movistar. Desde hai unhas semanas a compañía británica está a levar a cabo este cambio, un proceso que non precisa máis ca un reinicio do terminal por parte da clienta cando é avisada para facelo. Isto resulta moito máis sinxelo que o cambio que está a facer Pepephone para pasar ás súas clientas de Vodafone a Movistar, que precisa mudar a tarxeta SIM.

A seguinte incógnita era o 4G, xa que nun primeiro momento as clientas de ONO na rede de Vodafone non terían acceso a esta nova tecnoloxía. Mais vimos de coñecer que esta situación ten data de caducidade, o 16 de abril, un día despois de que remate a migración dos clientes de móbil ONO a Vodafone. Desde ese día, a clientela actual de ONO terá acceso ás redes 4G e 4G+, aínda que para iso si que terán que mudar de SIM a través das canles habituais de atención ao cliente ou nas tendas físicas de Vodafone.

ONO WiFi pasa a ser Vodafone WiFi

Outro cambio que chega con esta integración de ambas compañías nunha única é o cambio de nome da rede WIFI que ONO ten despregada por (case) todo o estado a partir de puntos de acceso exteriores e a rede de modems de clientes e empresas. Trátase dun servizo semellante ao que ofrece R no noso país, wifi_clientes_R, que ten como obxectivo desconxestionar as redes móbiles. No caso de ONO WiFi, de xeito inminente terá mudado o nome a Vodafone WiFi.

Vía

Sobre o autor

Reply