Logo do gran redeseño que sufriu Google Maps hai xa varios meses, unha das cousas que máis se botaba en falta era o acceso aos mapas persoais, xa que para usalos había que empregar a aplicación My Maps. Isto resultaba algo incómodo e de feito había moitas queixas de xente que creaba mapas no ordenador e cando pretendían – intuitivamente – acceder a eles en Google Maps no seu móbil descubrían que non tiñan esa opción.
A actualización anunciada hoxe integra esta funcionalidade en Google Maps, polo que xa poderemos acceder a eles sen termos que ter dúas aplicacións instaladas, o que sen dúbida é un avance en comodidade.
Os mapas creados en My Maps poden conter todo tipo de información, como lugares destacados, puntos persoais ou mesmo traxectos, para seguirmos unha ruta concreta que teñamos deseñado nós mesmas.
Xa pensastes cando faredes o próximo road trip? 😉