Primeiras imaxes do LG G4 Note

lg g4 filtrado

No que vai de ano só se presentaron dous dos buques insignia dos grandes fabricantes, o Samsung Galaxy S6 e o HTC One (M9), polo que xa comeza a haber espectación polo que poidan amosar outras marcas.

Entre elas LG, quen prometou un LG G4 diferente e que correxirá os principais erros do LG G3. Os primeiros rumores apuntaban a un dispositivo curvo, aínda que non flexíbel como o LG G Flex 2, e parece que efectivamente isto será certo. Crese que se presentará no mes de abril, aínda que polo de agora a compañía non confirmou esta información.

lg g4 filtrado 2

Mentres agardamos a que se faga oficial, empezan a aparecer as primeiras imaxes de filtracións, aínda que parece que se corresponden cunha versión Note e non co LG G4 estándar. O LG G4 Note sería o equivalente á saga Galaxy Note de Samsung, uns dispositivos que, como sabedes, teñen pantallas maiores ca os Galaxy S e dispoñen de solucións software extra para sacarlle máis partido a un trebello dese tamaño.

lg g4 filtrado 3

Tedes ganas de coñecer o que ten preparado LG para este ano?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Álvaro M. Souto 27 Marzo, 2015 Responder

Reply