Mininovas Android – A malla da semana

Un novo uso para Facebook Messenger

fb messenger

A xente de Facebook quere darlle unha volta máis ao seu servizo de mensaxeria instantánea. A súa intención é convertir este servizo nunha ferramenta para facilitar as conversas entre as tendas e as súas clientas. Poderá servir para avisar tanto de que o pedido chegou á tenda, como dun cambio na dirección de entrega.

Dimite o deseñador xefe de HTC

logo htc

Xa son moitos anos nos que HTC non levanta cabeza. Esta semana foi unha semana negra; primeiro, o seu último flagship esperta gran cantidade de criticas e agora enterámonos que dimite o seu deseñador xefe, Jonah Becker logo de levar menos dun ano no cargo.

O malo de todo é que logo deste último Mobile World Congress, xa non contamos con HTC.

Importante actualización de Google Keep para facernos o día a día máis doado

google keep

Keep é a ferramente notas de Google que ven de acutalizarse para engadir tanto etiquetas e recordatorios recurrentes, despregábeis dende o menú lateral. Deste xeito podemos poñerlle ás nosas notas etiquetas e accedes a elas dun xeito rápido nese menú lateral. Cos recordatorios recurrentes o que podemos facer agora é repetir unha nota uns días determinados en función das nosas necesidades.

Todas estas melloras aumentan a nos productividade á hora de empregar esta ferramenta.

Sobre o autor

Reply