Chromebit, a experiencia Chromebook en calquera pantalla con HDMI

Xa temos visto no blog pequenos computadores do tamaño dun chisqueiro que nos permiten levar a experiencia Android a calquera pantalla, mais agora Asus quere facer algo semellante con ChromeOS co novo Chromebit.

chromebit

Este gadget non é máis ca un stick HDMI que podemos conectar a calquera pantalla, como pode ser a nosa tele do salón ou a típica pantalla de computador, levando a esta a experiencia de ChromeOS, moi semellante que a que podemos disfrutar nos portátiles Chromebook que temos analizado no blog.

No seu interior, o Asus Chromebit integra un procesador Rockchip 3288, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna como elementos máis destacados. Ten conectividade Bluetooth 4.0 e WiFi 820.11.ac, que servirán para conectarlle periféricos (basicamente teclado e rato sen fíos) e para conectarse á rede, respectivamente.

Polo de agora non se traballa cunha visión final, pero está confirmada a súa chegada para o verán por un prezo inferior aos 100 dólares.

Conseguirá Google ter o mesmo éxico co Chromebit que tivo co Chromecast?

Sobre o autor

One Response

  1. Jorge Lama 31 Marzo, 2015 Responder

Reply