As mellores brincadeiras do primeiro de abril

No primeiro de abril, van os burros onde non deben ir. O 1 de abril é un dos días típicos para brincadeiras e enganos, semellante ao Día dos Inocentes. Ademais de na Galiza, o primeiro de abril tamén ten tradición nos Estados Unidos (April Fool’s Day), polo que hoxe veremos moitas cousas na rede que, simplemente, non son verdade. Recollemos algunhas das mellores relacionadas coa temática do noso blog, un post que estará en actualización ao longo de todo o día.

1.- com.google: unha forma diferente de disfrutar a experiencia Google: ver.

com google

2.- Comecocos en Google Maps. Non tes máis que entar en Google Maps, seleccionar a vista Pac-Man e disfrutar dunha partida polas rúas dunha cidade [actualizado: xa o quitaron :(]

pac man comemocos

3.- Smartbox, o buzón avanzado de Inbox (by Gmail (by Google)) para a túa casa. Priceless.

4.- O Moto Selfie Stick de Motorola, deseñado con moito cariño e coidado.

5.- O Samsung Galaxy Blade Edge, un novo Galaxy pensado para as cociñeiras.

QiiBO.com

galaxy blade edge 2

6.- O Selfie Shoe by Miz Mooz, a evolución do tradicional selfie stick. Por que non se lle ocorrería a ninguén isto antes?

7.- O drone DR-1 de One Plus, un pequeno drone de xoguete que, malia ser unha brincadeira, podes mercar por uns 25 euros, gastos de envío incluídos.

8. Google Panda, unha brincadeira do buscador para Xapón, con keynote incluída

9.- Comecocos, tamén en Ingress.

pacman ingress

10. Novo logo para as OTA de Cyanogend, tras anunciar hai uns días que terán ROMs baseadas en Windows 10 para trebellos Android. Vímolo aquí.

android windows 10

11. Sunrise Calendar engade a Clippy como asistente. Microsoft mercou hai un tempo Sunrise Calendar para integralo nos seus produtos e agora anuncian a integración do famoso Clippy de Office. Anda que non molaba!

clippy

12. MS-Dos para móbiles (e por liña de comandos!)

13.- O teclado – matasogras. Outra ocurrencia de Google Xapón. A cabeza non para!

14. O calcetín multimedia de HTC. Podedes ver máis info aquí.

calcetin htc

15. Google leva a nube á nube de verdade. Farta de que che falen de nubes que non están na nube? Tranqui, Google ten a solución 😉

16.- Amazon Dash Button, o botón para mercar cun só clic.

Sobre o autor

Reply