Jiayu S4, o novo teléfono chinés inspirado no Galaxy S6

Jiayu S4a

O fabricante chinés Jiayu despois da súa posta en escena co seu modelo S3, quere entrar de novo con forza no mercado cun novo producto. Através dunhas imaxes publicadas no foro do fabricante, ensina o deseño e as características técnicas do seu novo terminal, o Jiayu S4, a simple vista semella un Samsung Galaxy S6.

Jiayu s4b
As súas principais características resumímolas nesta listaxe:

  • Pantalla de 4.7 “HD (1280×720), Gorilla Glass 3, marcos de só 1,7 mm de espesor en ambos lados
  • Octa-core procesador MT6752 MediaTek 64 bits
  • Android 4.4.4 Sistema KitKat personalizada
  • 2 ou 3 GB de RAM
  • 16 GB de memoria interna ampliable mediante microSD
  • Cámara traseira 13 Mpxl Sony IMX214
  • Cámara frontal 8 Mpxl Sony IMX179 optimizado para Autofoto
  • Soporte dual-SIM LTE
  • Soporte estándar USB tipo C
  • Dimensións 130 x 64 x 8,3 mm
  • Peso 140 g
  • Batería 2500 mAh

Feito integramente de vidro e aluminio cos bordes redondeados, Jiayu emprega un USB Tipo-C como sistema de carga e de transferencia de datos.

jiayus4c

Pódese mercar na China desde onte. Que vos parece o trebello? Tenvos boa pinta?

Vía

Sobre o autor

Reply