Sony e Lollipop (ou como non facer as cousas)

SONY-FAIL

Fai un tempo, Sony confirmaba que non quería actualizar a Lollipop ningún terminal fóra da familia Z; é certo que é unha familia moi ampla, pois dentro dela están as versións Compact, Ultra e as tablets.

Pois ben: esta semana coñecemos a través do seu blog oficial que ían facer un “esforzo” e actualizar terminais fóra da familia Z: o T2 Ultra e o C3. Algo é algo, pero pesamos que non é xeito de tratar aos clientes que fan un esforzo económico importante e mercan, por exemplo, o Xperia T3 (xuño 2014) ou o M2 Aqua (agosto 2014). Estes terminais non son relevantes na cifra de ventas de Sony e non merecen atención? E que pasa coa familia E? pois o E4 en Febreiro 2015 saiu con KitKat.

Pensamos que calquera terminal de marca punteira ten que recibir aló menos unha actualización relevante. Atopamos no mercado moitos terminais que cumplen con isto (uns máis axiña ca outros) e polo tanto no noso proceso de decisión isto é moi importante.

Ademáis, o conto de que un terminal cun hardware axustado non se pode actualizar está máis ca superado cando o demostrou Motorola cos seus Moto E e E2 que saíron ao mercado coa última versión dispoñíbel de Android en cada momento. O problema que teñen as compañías (e que lles custa recoñecer) é que unha capa de personalización pesada (na maior parte dos casos) é a causante dunha mala experiencia de uso en terminais cun hardware máis modesto. Tampouco debemos esquecer o traballo que supón actualizala e adaptala a cada terminal do portfolio a cada actualización de Android.

Ao final, por todo isto, ás empresas non lles compensa actualizar un terminal deixando tirados a moitos clientes que confiaron neles.

Sobre o autor

Reply