HTC anunciou o lanzamento de dous novos dispositivos de gama media cos que pretende ir completando a actualización do seu catálogo, tras o lanzamento no pasado MWC do HTC One (M9). Falamos dos Desire 526G Dual SIM e Desire 626G Dual SIM, que tal e como podedes deducir do seu nome teñen a posibilidade de empregar dúas tarxetas a un tempo.
As características de ambos trebellos son bastante modestas, sobre todo no 526G, e en ambos apóstase por procesadores fabricados por MediaTek para aforrar custes. Na seguinte táboa resúmense as súas especificacións:
626G Dual SIM | 526G Dual SIM | |
Pantalla | 5″ (1280 x 720) | 4,7” (540 x 960) |
Procesador | MT6592 octacore a 1,7 GHZ | MT6582, quadcore a 1,3 GHz |
RAM | 1 GB | 1 GB |
Memoria | 8 GB (+ microSD 32 GB) | 8 GB (+ microSD 64 GB) |
Cámaras | 13/5 Mpx | 8 / 2 Mpx |
Batería | 2000 mAh | 2000 mAh |
Conectividade | Dual SIM (nano) | Dual SIM (micro) |
Versión Android | 4.4 KitKat | 4.4 KitKat |
O HTC Desire 526G estará dispoñíbel na segunda quincena de abril en branco terra, azul glaciar e negro. Pola súa banda, o Desire 626G chegará no mesmo mes de abril en branco Birch e azul Lagoon.