Mininovas Android: a malla da semana

Novo HTC One E9+

htc one e9+

Tras coñecermos o HTC One (M9), HTC deixa escapar algunhas das variantes deste trebello, como o One E9+, que destaca pola súa pantalla de 5,5 polgadas con resolución QuadHD 2560 x 1440, procesador MediaTek MT6795M de oito núcleos e 64 bits, 3 GB de RAM, cámaras de 20 Mpx (traseira) e ultrapíxel (frontal), batería de 2800 mAh e Android 5.0.

LG anunciará o LG G4 o 28 de abril

convite lg g4

A compañía surcoreana LG comezou a enviar aos medios convites para un evento dobre e simultáneo en varias cidades, co que presentará o LG G4, o seu buque insignia para 2015. Entre as especificacións rumoreadas destaca a pantalla de 5,5 polgadas e lixeiramente curvada.

Movistar mellora as tarifas de datos en roaming

movistar roaming

Movistar anunciou un aumento dos megas incluídos nas tarifas de datos en roaming para viaxar por Europa. A partir de agora as clientas poderán disfrutar de 50 MB/día por 2,5 euros, agás en Suíza, onde serán 10 MB. Tamén se beneficiarán desta oferta as usuarias que viaxen aos EEUU, tendo 10 MB por 2,5 €.

WhatsApp permitirá gardar as conversas en Drive

whatsapp drive

Dise que WhatsApp implementará nun futuro próximo a posibilidade de gardarmos unha copia das nosas conversas no Google Drive, co que quedaría garantida a seguridade. Resulta curioso se temos en conta que WhatsApp pertence a Facebook, competencia directa de Google en moitos aspectos.

Habbo Hotel, dá o salto da web a Android

haboo hotel

Rematamos cun xogo, Habbo Hotel, que acaba de trasladar a súa comunidade da web a Android. Trátase dun xogo de rol co que podemos meternos no papel dunha persoíña pixelada e pasar moitos momentos de diversión. É gratuíto e está dispoñíbel na Play Store.

Sobre o autor

Reply