Unha das novas máis comentadas nestas semanas está a ser a chegada a todos da posibilidade de facer chamadas dende a propia aplicación de Whatsapp. Na nosa opinión non é algo revolucionario para a maioría, pois hoxe en día as tarifas planas están á orde do día, máis todo o que sexa axudar ás usuarias (moitas ou poucas) benvido sexa.
Agora ben, falamos de facer chamadas gratis con Whatsapp pero non é certo ao 100% pois para facelo temos que estas conectados a unha WiFi ou usando os datos que temos contratados, o cal leva un custo, agás se nos conectamos ás redes públicas.
Tendo isto claro, a idea deste artigo non pasa por falar de cartos, se non máis ben de cantos datos móbiles podemos consumir se facemos chamadas polo Whatsapp e para ilo fixemos unha sinxela proba: apuntamos os datos consumidos polo Whatsapp até o momento, fixemos unha chamada vía Whatsapp apuntando os datos ao rematala e fixemos unha resta:
- Datos consumidos: 3,77 megas
- Datos ao rematar a chamada: 4,55 megas
Logo de falar 1 minuto e 26 segundos, a aplicación consumiu 0,78 megas.
Na nosa opinión é un consumo razonábel, pero temos que andarmos con ollo con esta nova funcionalidade para non quedarmos sen datos á metade do mes 😉
NOTA: a medición do consumo de datos foi realizada coa app nativa de LG dende un LG G2.
Concordo co voso comentario, sobre todo no de falta de novidade, Skype, Viber… pero esquecedes unha cousa cando falades do coste, as chamadas internacionais, que non as cobre ningunha desas tarifas.
Se sae 3 cents o Mb como nalgunha tarifa, haberá que barallar se o custe é superior ou non á tarifa das chamadas…