A operadora galega R vén de anunciar a comercialización do LG G Flex 2, un dos smartphones máis revolucionarios do fabricante surcoreano LG, que xa se pode atopar en catálogo.
Se por algo chama a atención o LG G Flex 2 é pola súa curvatura, feita coa combinación de varios radios que van desde os 400 aos 700 mm, aínda que tamén pola súa capacidade flexíbel e propiedades de autorreparación das rabuñadas.
Ten unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución Full HD 1080 p, procesador SnapDragon 810 (8 núcleos, 4 a 1,5 GHz e 4 a 2 GHz), 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB e cámaras de 2,1 e 13 megapíxeles, para frontal e traseira respectivamente. Ademais, a principal dispón de láser autofocus e control de estabilidade OIS+.
R ofrece o terminal desde 19 €, dependendo da tarifa contratada segundo o seguinte cadro. En calquera dos casos a permanencia na compañía é de 24 meses.
Podedes atopar máis información sobre o terminal no noso primeiro achegamento durante o MWC.