Razóns polas que deberíamos mercar o Huawei Watch (segundo Huawei)

A compañía chinesa Huawei preséntanos unha serie de “razóns” que deberíamos ter en conta á hora de mercar un SmartWatch e neste caso, porque escoller o seu Huawei Watch.

HW1

O Huawei Watch, é un smartwatch baseado no sistema operativo Android Wear que foi anunciado a principios de marzo en Barcelona e que ten prevista a súa chegada ó mercado a finais do segundo tremestre do ano.

Unha das primeiras “razóns” é o seu deseño “Timeless”. O reloxo de Huawei semella un reloxo “verdadeiro”. Tamén temos que ter en conta o seu sistema operativo, Android Wear, o cal ofrece unha gran variedade de características e fai que o dispositivo sexa compatible con moitos terminais.

HW2

Podemos seguir comentando que é o primeiro Android Wear equipado cun cristal de zafiro e esfera de aceiro inoxidable (tipo 316). A pantalla tamén ten unha resolución máis alta entre as diferentes ofertas de terminais con Andorid Wear cuns 286ppi. Se falamos da súa montaxe tamén nos pode levar a pensar que é un reloxo común polos máis de 130 compoñentes que ten.

HW6

Huawei enumera entre as súas 12 razóns tamén as tres opcións de cor que estarán dispoñibles incluíndo unha “versión de ouro” con 3 onzas de ouro de 24 quilates.

HW5

En canto á personalización do seu dispositivo, pódese elixir entre os diferentes tipos de correas aceiro e coiro como os máis de 40 deseños de reloxo que leva o noso terminal.

HW3

Tampouco nos van a faltar as diferentes aplicacións para obter os nosos datos en canto a hora de facer deporte, que grazas a súa app “companion” pode ser facilmente compartida.

HW4

A última razón, non menos importante, é a duración da batería de 300mAh que lle permite empregar o dispositivo durante un día e medio / dous.

 Vía

Sobre o autor

Reply