Fíltranse as primeiras imaxes do novo terminal de Oppo

Oppo non nos dá tempo a descansar, e pola rede xa circulan imaxes e especificacións do novo terminal da compañía, o sucesor do Oppo R1C, que se enmarcará na gama media.

oppo2

O novo Oppo da liña “R-series” terá un aspecto similar ó Oppo RC1, a súa estructura será en metal, pero nesta ocasión tanto a na súa parte frontal como posterior conta cun cristal curvado de 2.5D.

Se falamos das súas espeficacións, semella que o novo terminal de Oppo contará cunha pantalla de 5 pulgadas cunha resolución de 1920 x 1080 píxeles, cun procesador octa core de 64 bits Qualcomm Snapdragon 615, que virá acompañado de 2 GB de RAM. Este dispositivo será un smartphone dual SIM e loxicamente terá soporte 4G. Para rematar sabemos que a súa cámara principal contara con un sensor Sony de 13 megapíxeles.

oppoPolo dagora non temos máis información sobre o que será o sucesor do R1C, confiemos que dispoña de ranura para tarxetas microSD coa que poder ampliar o almacenamento interno no caso que fose necesario.

En canto a súa dispoñibilidade ocorre o mesmo que coas especificacións, é dicir, que non dispoñemos de toda a información necesaria para poñervos máis o tanto deste novo terminal, esperamos que en novas datas vos poidamos poñer máis o día sobre este novo smartphone.

 Vía

Sobre o autor

Reply