Vodafone One: así é a nova oferta converxente de Vodafone

IMG_4200-LOW

Vodafone vén de anunciar a súa primeira oferta converxente tras a adquisición de Ono, un movemento de gran importancia dada a potencialidade da unión da empresa líder en 4G cun dos principais operadores de fibra óptica.

O primeiro que cambia son as nomenclaturas, xa que a partir de agora non se falará de FTTH de Vodafone ou rede HFC de Ono, senón que todos os produtos de fibra de ambas compañías serán Fibra Ono. A televisión quedará con nome da compañía británica, Vodafone TV, ademais do móbil, cuxa oferta se caracteriza por levar o 4G+ a todas as opcións. Por último, a rede WiFi de clientes será Vodafone WiFi.

Fibra Ono

A nova oferta establece varias opcións, dependendo da velocidade elixida, que van desde os 30 aos 200 Mbps de baixada. Tamén haberá unha opción de 500 Mbps, aínda que polo de agora só para pemes.

  • 200 / 20 Mbps.
  • 120 / 12 Mbps.
  • 60 / 6 Mbps.
  • 30 / 3 Mbps.

Aló onde non chegue aínda a rede de fibra ofrecerán VDSL de até 30 Mbps.

Móbil

Os diferentes paquetes de Vodafone One terán móbil con velocidades 4G+ de serie, e opcións de contratación con máis ou menos datos e minutos incluídos, para adaptarse a todos os petos e necesidades.

  • 1 GB + 200 minutos.
  • 2 GB + chamadas ilimitadas.
  • 4 GB + chamadas ilimitadas.

Poderanse engadir un máximo de 4 liñas adicionais con algunha das seguintes opcións.

  • Línea Mini 9: 800 MB + 0 cent/min por 9 €
  • Línea S: 1 GB+ 200 min. por 12 €.
  • Línea M: 2 GB + chamadas ilimitadas por 23 €.
  • Línea L: 4 GB + chamadas ilimitadas por 34 €.
  • Líneas compartidas: minutos / sms ilimitados, datos compartidos por 17 €.

Ademais diso as liñas terán acceso a servizos de valor engadido, como Call+, Backup con Dropbox, Voz HD ou Vodafone Wallet.

Vodafone TV

A televisión estrea nova interface e novos servizos, como a gravación de 3 canles a un tempo ou 500 GB de espazo na nube. Ofrece 50 canles en HD, máis de 3000 vídeos baixo demanda e posibilidade de incluír Canal+1 e Canal+ Liga.

Coa oferta de lanzamento pódese disfrutar da TV gratis até fin de ano se se contrata antes do 30 de xuño. Fóra diso, os prezos varían segundo a tarifa de móbil contratada, aínda que en calquera caso o servizo inclúe Vodafone TV Online, que permite ver as canles contratadas a través da rede en até 5 dispositivos diferentes.

  • Vodafone TV Esencial: 12 € (coa tarifa móbil 1 GB).
  • Vodafone TV Esencial: 6€ (coa tarifa móbil 2 GB).
  • Vodafone TV Esencial: gratis (coa tarifa móbil 4 GB).
  • Vodafone TV Extra: 6 € (coas tarifas de 1, 2 e 4 GB).

Vodafone WiFi

A rede sen fíos para clientes que tiña Ono pasa a ser Vodafone WiFi, uníndose tamén á rede que Vodafone ten noutros países do mundo.

En total, as clientas de Vodafone terán acceso a esta rede nos máis de 1 millón de puntos de acceso distribuídos en todo o estado español e máis de 14 millóns no extranxeiro. Os límites serán de 5 GB no estado e 30 minutos ao día noutros países.

Resumo de prezos

Fibra Ono Fixo
200 Mbps20 Mbps suba 61€ 72€ 83€ Fixos nacionais ilimitados e 60 min./mes a móbiles calquera operador nacional
120 Mbps12 Mbps suba 55€ 66€ 77€
60 Mbps6 Mbps suba 49€ 60€ 71€
30 Mbps3 Mbps suba 43€ 54€ 65€
VDSL zona sen Fibra Ono
Móbil 200 min.1 GB Min. ilimitados2GB Min. ilimitados4GB
Vodafone TV Esencial +12€0€ até 31/12 +6€0€ até 31/12 Gratis
Vodafone TV Extra +6€  +6€

0€ até 31/12

Cobertura do servizo en Galiza

Coincidindo con este lanzamento, Vodafone lembra que está a extender a súa rede de fibra por Galiza para ofrecer o servizo completo este mesmo ano en A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense. O resto das posíbeis clientas deberán conformarse, polo de agora, polo acceso a través de VDSL de 30 Mbps.

No que ten a ver con móbil, o despregamento de 4G no noso país está xa moi avanzado (74% da poboación, 135 concellos, 100% das localidades con máis de 50.000 habitantes e todas as costeiras, 95% das vilas entre 25.000 e 50.000), polo que agora os traballos van máis na liña de aumentar o servizo LTE-A (4G+), con velocidades duns 300 Mbps, que xa está dispoñíbel en varias vilas das provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo.

Dispoñibilidade

Todos os novos servizos de Vodafone estarán dispoñíbeis para contratar a partir do 20 de abril.

Que vos parecen? Gústavos a nova oferta?

 

Sobre o autor

Reply