Analizamos o Samsung Galaxy Note Edge

galaxy note edge fonte

Estes días estivemos probando unha das mellores opcións que podedes atopar no porfolio de Samsung, o Galaxy Note Edge. Xunto co recén estreado S6 e S6 Edge, o Note Edge témolo que ter en conta sobretodo a aqueles que nos gustan os terminais grandes e co plus engadido de contar cun S-Pen.

Deseño, caracteríasticas e conexións

galaxy note edge lado

O primeiro que queremos destacar é o deseño totalmente novidoso deste terminal. Cando foi lanzado aló polo mes de setembro o que máis chamou a atención do novo membro da familia Note, foi a ausencia da marco no lateral dereito da pantalla, que foi sustituido por unha pantalla curvada con funcionalidades específicas.

Para organizar estas funcionalidades, contamos cunha serie de paneis como vemos nas seguintes capturas:

Note Edge 01

Note Edge 02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Por novidoso que resulte, resultounos moi intuitiva a presenza dos botóns de chamada, sms,… nun destes paneis no canto da parte inferior da pantalla como é habitual nos nosos Android. Ademáis o resto de funcionalidades aportan valor para acadar unha experiencia de usuaria máis completa.

note edge

O resto de características que debemos destacar neste terminal son:

Galaxy NOTE Edge
Polgadas/Resolución/ppi 5.6″ / 2560 x [1440+160] (Quad HD+) / 524
Procesador Snapdragon 805, quad-core 2.7 Ghz
RAM 3 gigas
ROM 32 gigas + microSD até 128 gigas
Batería 3000 mAh
Cámaras 16 mpx / 3.7 mpx
Sensores Acelerómetro, Barómetro, Fingerprint, Giroscopio, Geomagnético, Gestual, Hall, HR, Proximidad, RGB, Senosr UV
Conectividade GPS, GLONASS, LTE cat.6, NFC, Wifi Direct
Peso 174 gramos
Versión de Android Android 4.4.4 KitKat (recibindo Lollipop)

Pantalla, multimedia e cámaras

Temos que destacar de forma especial a calidade da pantalla. Como xa vos contabamos é un panel SuperAmoled QuadHD que nos permite desfrutar de contido multimedia con moita calidade cun resultado espectacular.

Ademáis o tacto na “zona Edge” é moi bo, conseguindo unha velocidade de transición entre os paneis moi satisfactoria. O único aspecto negativo é a presenza do altofalante na parte posterior; coma sempre ocorre nestes casos, a calidade do son empeora moito cando apoiamos o terminal sobre unha superficie.

En canto á cámara principal conta cun sensor IMX240 de Sony de 16 mpx co que conseguimos un bo resultado na maioría de situacións que se nos presenten coma vos amosamos nesta galería na nosa páxina de Flickr.

En canto á cámara dianteira, temos un sensor de 3.7 mpx co que Samsung quere potenciar os selfies pois conta cun modo “cara fermosa” moi curioso. Calificámolo así, pois o que fai este modo é reducir moito as enrugas da nosa cara até parecer case nenos.

Rendemento e Batería

O primeiro, as cifras. Estamos díante dun dos mellores procesadores do mercado, o Snapdragon 810 acompañado de 3 gigas ram e cun software moi optimizado. Partindo dende aquí só podemos dicir que o rendemento é espectacular. Nesta semana e pico que levamos probando o Note Edge, non tivemos nin un solo lag, nin atranco en transicións, nin correndo xogos exixentes,… en calquera situación o terminal comportouse ás mil marabillas.

A autonomía é satisfactoria. En caso de ter un intenso día de traballo, chegamos ao final do día sen problema algún. Cun uso máis moderado e xogando co brillo podemos chegar ás duas xornadas sen excesivas dificultades.

Note Edge 05

Nas nosas probas deixamos descargar o terminal até un 9%, activamos o modo ultraaforro (só con chamadas, Whatsapp e Navegador activos) conseguindo unha autonomía estimada de 24 horas, tempo suficiente para chegar á hora de xantar que era cando podiamos cargalo. Neste momento, activando a carga rápida e logo de 40 minutos de carga conseguimos un 50% de carga chegando ao final do día xa co smartphone plenamente funcional.

20150413_091331

Algúns detalles a mellorar

Na nosa opinión ten que mellorar en tres aspectos:

  1. Mellorar o detector da pegada datilar. Non dubidamos que a xente de Samsung hano facer no próximo Galaxy Note, pois xa o fixeron co S6 en relación ao S5. É algo que se nota moito unha vez que probas un Galaxy S6 e ves o bo traballo que fixeron neste aspecto.
  2. Incluir o dobre tap para encender ou apagar a pantalla, si ao máis puro estilo LG. Cando te acostumas a este sistema de desbloqueo, quérelo presente en todos os terminais.
  3. A pantalla Super Amoled permítenos desfrutar du negro moi intenso, pero non pasa o mesmo cos blancos, que en ocasións saen un pouco amarillentos. É preciso que axusten mellor o gamma do panel.

S-Pen

A presenza dun s-pen fai que crear cousas tan sinxelas como unha nota, facer apuntes no calendario, recurtar unha foto e compartila,… sexa cousa de nenos, facendo que sexamos máis productivos.

foto 7

Algo a ter en conta é que cun pouco de práctica, o s-pen pode pasar unha ferramenta case imprescindíbel no noso día a día, pois escribir mensaxes empregando o pen e a pantalla do Note Edge coma se fosen un lápis e papel tradicional, fai que academos unha voa velocidade á hora de escribir mensaxes cun pouco de práctica, xa que a o software funciona moi ben e interpreta case sen erros a nosa escritura.

Note Edge 04

Conclusións

Polo seu tamaño queda claro que pode non ser o terminal que moitos elixirían. Agora ben, na nosa opinión todo é cuestión de afacerse pois ten un bo deseño pois é delgado e lixeiro o que fai que, sendo un terminal grande, sente moi ben na man malia estar construido en plástico.

A palabra clave á hora de definir ester terminal é rendemento. No día a día vemos que é un smartphone feito para satisfacer a aquelas usuarias máis exixentes en calquera tipo de situacións.

galaxy note edge atras

Un terminal destas características cun rendemento sobresainte é ideal para o consumo multimedia e non pode ser barato. Tamen pesamos que non o pretende. Podémolo atopar hoxe no mercado libre ao redor dos 740€.

Gústavos este Galaxy Note Edge?

Sobre o autor

Reply