Mininovas Android: a malla da semana

O One Plus One xa sen convite

one plus one

One Plus decidiu por fin, dar por rematado o seu sistema de ventas por convite para poder ter un One Plus One. Xa está dispoñíbel para todos dende a súa web.

Pensamos que era un paso necesario que veñen de dar esta semana para facer máis doado acceder a un dos terminais máis interesantes dos últimos meses.

Android Wear actualizado con interesantes novidades

android wear

Esta é unha actualización que axuda moito a non quedar atrás respecto á competecia. Entre as melloras destacamos:

  • Conexión vía wifi, deixando de lado a dependencia do bluetooth.
  • Desplazarémonos entre as tarxetas cun sinxelo movemento de pulso.
  • Poderemos responder mensaxes con emojis que debuxamos no pánel do smartwatch.

Esta actualización estará dispoñíbel nas vindeiras semanas, aínda que son varios os reloxos que non disfrutarán de todas as novidades, nomeadamente o soporte para WiFi.

O LG Watch Urbane dispoñíbel a finais de mes

lg watch urbane 2

España será un dos 13 paises nos que LG porá á venta a finais deste mes de abril, o último dos seus reloxos con Android Wear. Ademáis será o primeiro reloxo no que poderemos desfrutar a recente actualización da que vos acabamos de informar.

Polo de agora non sabemos o prezo ao que o atoparemos na Play Store, que é a web elixida para a súa comercialización inicial.

Até un 70% de desconto en xogos da Google Play

google play store

Xa leva activa uns días esta promo na que podemos atopar unha listaxe de xogos con interesantes descontos. Podemos destacar entre outros:

  • Los Sims 3 por 0,99€
  • Monopoly por 0,50€
  • République por 3,36€

Nesta ligazón, tedes a listaxe completa.

Qualcomm sepárase de TSMC e elixe a Samsung para fabricar os seus procesadores?

qualcomm

Até o de agora a alianza entre Qualcomm e TSMC deu moitos e bos froitos. Os procesadores que lles fabricaba TSMC estaban á altura máis neste ano deron un pasiño atrás respecto aos Exynos de Samsung e moito coidado con Mediatek.

Pois ben, esta semana, tivemos información do que semella una nova alianza entre Qualcomm e Samsung para que sexa nas fábricas desda última onde se comecen a fabricar os próximos procesadores de Qualcomm.

Polo de agora só é un rumor, máis ficaremos atentos a ver que ocorre en próximas datas.

Twitter actualiza a seu sistema de mensaxes privados

twitter-logo

Dende esta semana xa non é preciso un seguimento mútuo para intercambiar mensaxes privados entre usuarias de Twitter. Só teremos que habilitar a posibilidade de recibir mensaxes privados de descoñecidos nas opcións da nosa conta para comezar a recibilos.

Pensamos que para é unha función moi interesante sobretodo para todas aquelas usuarias que precisen contactar con empresas dun xeito discreto sen ter que facer unha petición de seguemento á conta en cuestión.

Filtráse un vídeo conceptual do que podería ser Android 6

Neste vídeo podemos ver como podería ser a seguinte versión do sistema operativo, Android 6 M, facendo especial uso da multiventá, como xa podemos facer con algúns terminais de Samsung.

Aínda queda moito até Android 6 vexa a luz, pero vemos como Google vai collendo cousas doutros desenvolvedores para incorporalas a Android nativo e ofrecerllas á maior cantidade posíbel de usuarias.

Luxottica, partner de Google para as novas Google Glass

luxottica-glass-logos

A segunda versión das Google Glass está no forno, e un dos aspectos nos que máis evolucionará será no deseño. Por iso é importante a nova que coñecemos esta semana de que Luxottica está a traballar con Google nelas. Lembremos que esta empresa é a propietaria de Arnette, Ray-Ban, Oakley, Michael Jors e Vogue-Eyewear, polo que o futuro trebello de Google pode ser radicalmente diferente e mellor en canto a deseño

Nova patente das Google Glass

google glass 2

Rematamos esta malla con outra nova relacionada coas Google Glass, neste caso dun paso pola oficina de patentes. Google rexistrou un novo modelo de lentes intelixentes, co vistor situado no lado contrario e elementos repartidos nas dúas patillas, o que podería servir para engadir novas funcionalidades ou repartir os compoñentes hardware a ambos lados da cabeza.

Sobre o autor

Reply