James Bond quere o mellor móbil, non un Sony

sony bond

Entre as cousas que caracterizan os filmes de James Bond, os gadgets son un elemento básico, polo que o feito de aparecer nela pode ser unha boa manobra publicitaria que moitos fabricantes non queren deixar pasar.

Os hackeos que sufriu Sony nos últimos tempos sacaron á luz correos nos que a división de móbil da compañía, Sony Mobile, chegou a ofrecer 5 millóns de dólares para que o axente 007, encarnado por Daniel Craig, empregase un terminal da firma xaponesa no filme Spectre. A esta millonaria oferta, que iría íntegra para Craig, había que sumar 18 millóns de dólares extra en márketing.

Pero James Bond é duro de roer e desde produtora Columbia Pictures respostaron á oferta de Sony cunha mensaxe contundente: Ademais do factor económico hai, como saberán, un factor creativo, e a Sam (director) e Daniel non lles gusta o teléfono Sony para a película (o pensamento, subxectiva e obxectivamente é que James Bond só usa o “mellor” e nas súas mentes, o teléfono de Sony non é “o mellor”).

Será este o pau que precisaba Sony para decatarse de que precisan facer algo diferente para volver a estar á altura?

Vía

Sobre o autor

Reply