Movistar cobrará polos excesos de datos

Hoxe coñecimos unha nova que non gustará a moitas. Primeiro foron os cambios na Fusión e desde xa mesmo, Movistar vai cobrar polos datos consumidos fóra dos bonos que as usuarias teñen contratados.

movistar pago datos extra

Até o de agora reducían a velocidade até níveis extremos: 16 kbps, pero coa nova política venderase cada mega consumido demáis a 1,5 céntimos até un máximo de 500 megas (ou 7,5 euros). Despois destes 500 megas extra, Movistar reducirá a velocidade.

Iso si, Movistar tamén ofrece bonos de datos se nun mes puntual non nos chega o que temos contratado, podendo acceder a bonos de:

  • 500 megas por 6€.
  • 1 giga por 10€.
  • 3 gigas por 20€.
  • 5 gigas por 30€.

Agardamos que ao chegar ao límite dos nosos datos, Movistar informe que o consumo extra será cobrado pois a estas horas, na web de Movistar atopamos información contradictoria como vemos na captura:

movistar pago datos extra 02

Estamos asistindo a un proceso de subida de prezos dos servizos de telefonía, fibra e televisión, en moitos casos sen mellora do servizo o que é preocupante para as usuarias, pois en ocasións estes movementos non son aillados e agardaremos a ver se Vodafone, Orange, ou outros fan o mesmo que Movistar.

Sobre o autor

Reply