Facebook Messenger incorpora vídeochamadas
Como era de agardar esta semana anunciouse a incorporación das video chamadas á aplicación de Facebook Messenger. Polo de agora chegou a Bélgica, Canadá, Croacia, Dinamarca, Francia, Grecia, Irlanda, Laos, Lituania, México, Nigeria, Noruega, Omán, Polonia, Portugal, Reino Unido, Estados Unidos e Uruguay.
O noso país aínda teremos que agardar un tempo para recibir esta actualización.
Google asina a paz con algúns medios europeos
Outra das novas da semana foi a alianza entre Google e medios coma El País, Vocento, Unidad Editorial, Grupo Godó, Grupo 20minutos, El Confidencial e outros a nível europeo, pola cal nace o Digital News Initiative acordo no que Google creará un “fondo de innovación de 150 millóns de euros para Europa, destinado á axuda ao soporte dun ecosistema de novas sostible e promover a innovación do periodismo dixital”.
Ademáis para chegar a este acordo, Google tivo que recoñecer algúns erros no xeito co que se relacionaba cos xornais. Nesta ligazón podedes ler a nota de prensa completa de Google España.
En resumo, podemos dicir que ao final Google cedeu ao lobby europeo da información e este “acordo” non deixa de ser unha nova forma do canon AEDE español.
Telegram pechará contas inactivas
Esta semana saltou a nova pola que nos enterabamos de que se temos unha conta en Telegram que non usemos de forma regular é posíbel que a empresa acabe pechándonola.
Que entende Telegram por uso regular? Todas aquelas contas que levan máis de 6 meses inactivas serán pechadas. A razón: son “unha organización non comercial que valora moito o espazo de almacenamento”. Polo tanto se non usades a conta, estades ocupándolles espazo coas mensaxes antigas, fotos,… que poderían ser destinados a outras usuarias máis activas.
A nova política comezou a aplicarse o pasado 19 de novembro, polo cal o próximo 19 de maio comezarán os primeiros peches.
Cyanogen e One Plus remantan a súa relación
Malia que o producto resultante desta asociación o One Plus One foi moi exitoso, semella que non veremos un “One Plus Two” con Cyanogen no seu interior.
Esta semana anunciouse que se rompían relacións entre as dúas empresas polos diferentes puntos de vista sobre a evolución que tiña que levar o software. De todos os xeitos, non deixaremos de escoitar falar destas dúas empresas posto que Cyanogen conta co apoio de Microsoft para o futuro e One Plus xa nos presentou Oxygen OS como novo OS para a seguinte xeración do do One Plus One.
ASUS confirma a actualización de varios dos seus smartphones
Os ZenFone4, ZenFone5,ZenFone6, ZenFone5 LTE e PadFoneS van recibir Lollipop entre mediados de maio e principios de xuño segundo confirma a propia ASUS no foro da súa web. Sen dúbida unha boa nova para tadas aquelas que teñan un destes gadgets.