O novo Moto X apunta alto nos primeiros rumores

Que Motorola ten no forno os novos Moto X, Moto G e Moto E non é ningunha sorpresa,  senón máis ben unha evolución lóxica. Nas súas respectivas gamas, son dispositivos moi resultóns pola boa relación hardware – software e, sobre todo, por dispór de Android puro como sistema operativo.

moto x 3 rumor

Os primeiros rumores sobre a terceira xeración do Moto X apuntan a un terminal que chamará a atención polas súas especificacións, nas que se incluiría unha pantalla QHD de 5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 808, 4 GB de RAM, 32 ou 64 GB de memoria interna e 3280 mAh de batería. As cámaras serían de 16 e 5 megapíxeles e para poñer orde a todo iso teríamos Android 5.1.1, limpo.

Con todo, hai que tomar a información con precaución, pois está sacada de terminais de proba que poderían ter diferenzas coa versión final. Está previsto que vexa a luz no mes de setembro, polo que aínda hai tempo a modificacións e máis rumores.

Vía

Sobre o autor

Reply