O LG G4 xa ten prezo oficial: desde 649 €, en pel por 699 €

lg g4 01

A semana pasada asistimos en Londres á presentación do novo LG G4, o terminal de referencia de LG para este 2015, un dispositivo que ademais tivemos ocasión de probar durante uns minutos con boas primeiras impresións.

Hoxe coñecemos os prezos oficiais cos que este terminal se venderá no noso país:

  • 649 € o acabado cerámico.
  • 699 € o acabado en pel.

Cómpre sinalar que, segundo nos comentaron durante a presentación, o LG G4 en pel traería no pack de venda unha carcasa cerámica, que poderíamos intercambiar en calquera momento, polo que para nós sería a principal opción (ademais de pola súa beleza e singularidade, obviamente).

lg g4

O LG G4 ten como puntos fortes o seu deseño con pantalla curvada de resolución HD 2560 x 1440 e as cámaras, a princiapl de 16 megapíxeles con f/1.8 e axustes manuais para conseguir a foto perfecta.

Que vos parece?

Máis info: web de LG

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 9 Maio, 2015 Responder

Reply