Hoxe queremos compartir este shooter de estética Arcade chamado Eye Planet. Este xogo lembra moito a aquelas recreativas clásicas de matar marcianos.
Desta volta imos a bordo dunha nave e temos que matar ollos xigantes que veñen cara nós disparando. O xogo está en divido en dos modos de xogo, o modo arcade que no que temos que ir superando níveis e modo infinito no que teremos que chegar a unha puntaxe predefinida. Ademáis cada modo ten 3 níveis diferentes de dificultade.
Como vos amosamos na seguinte captura, os axustes son moi básicos. O primeiro deles, o disparo automático, debemos desmarcalo (ven activado por defecto) para poder desfrutar do xogo ao máximo. Se non o facemos, a nosa interacción co xogo limítase a mover a nave evitando as amenazas, o que co paso dos minutos pode resultar aburrido. Ademáis durante o xogo, apereceranos unha bomba na parte superior dereita que cando prememos sobre ela, poderemos limpar a pantalla de inimigos para así tentar completar a fase dun xeito máis doado.
En resumo podemos dicir que Eye Planet é un xogo divertido co que pasar os nosos tempos mortos con certa dose de adición, pois non é un xogo excesivamente doado o que nos empuxa a superarnos cando somos eliminados da partida.
Podedes atopar Eye Planet nesta ligazón á Play Store e descargar totalmente de balde.
Moitas grazas polo artigo! Só recordar unha cousa, o xogo está totalmente en galego tamén, sempre que dispoñades dun mobil que se poida configurar en galego (Lollipop ou por exemplo os Sony deixan configurar dende 4.0.4)