Energy leva o universo Android ao televisor co novo Android TV Play

Energy Sistem vén de anunciar un novo modelo de trebello para actualizar o noso aparello de televisión facéndoo intelixente: o Energy Android TV Play.

O dispositivo, que só pesa 20 gramos, facilita a compartición de imaxes e vídeos desde calquera smartphone ou tablet Android ou iOS a través da ferramenta Screen Cast, aínda que tamén serve para videoxogos e multimedia coas aplicacións de Media Streaming.

energy

Dispón de conexión WiFi para navegar por Internet e dar servizo ás aplicacións instaladas (que poden ser descargadas desde a Play Store) e 8 GB de memoria interna ampliábeis por USB externos.

Comercialízase cun mando multifunción reversíbel con teclado, o que fai moito máis cómoda e rápida a escritura. Este ten acceso directo ás redes sociais máis destacadas e tamén pode ser empregado como rato.

En canto a software, sobre unha base de Android estándar (non se especifica versión), o fabricante aplicou unha capa de personalización adaptada aos televisores, con iconas grandes e un menú intuitivo que facilita a navegación, algo que sempre se agradece desde o punto de vista do usuario.

Que vos parecen este tipo de dispositivos?

Sobre o autor

Reply