Motorola Moto E LTE xa ten Lollipop 5.1
Se sodes posuidores dun destes terminais estade atentos, pois os modelos dos EUA xa están recibindo Android 5.1 e como é de agardar non debera pasar moito tempo até que a actualización chegue ás vosas unidades.
Como ben demostra Motorola, non sempre é preciso ter un terminal de gama alta para ter actualizacións nun prazo curto de tempo.
Xiaomi Power Bank, novo e deseño cun prezo reducido
Esta semana tivemos novas sobre a nova batería externa de 10000mAh da chinesa Xiaomi. Desta volta axustaron moito máis o seu tamaño e sacrificando 400 mAh (o modelo anterior tiña unha capacidade de 10400 mAh). Ademáis o seu prezo son só 9,90€ (ao cambio).
Se sodes heavy users, e chegades xustos de batería ao final do día, a Power Bank de Xiaomi pode ser unha boa opción.
Telegram crece en usuarios activos chegando a 62 millóns
Sen dúbida é unha boa nova para a xente de Telegram máis na nosa opinión non reflexa unha realidade, pois logo do anuncio de que se ían cerrar contas que levaran tempo inactivas, canto deste tráfico non se debe a usuarias que só queren que non se lles peche a conta?
Coma sempre, o tempo da e quita razóns e veremos se é un cambio de tendencia ou só un incremento puntual.
Nova Laucher xa conta con Material Design
Co paso do tempo, as personalización dos fabricantes melloraron moito e se cadra ese tempo no a maioría elixía un launcher alternativo para sacarlle maior partido ao seu terminal. Aínda así, este tipo de launchers alternativos non morreron nin moito menos.
Un dos máis populares é Nova Laucher que se ven de actualizar co novo deseño de Google, Material Design. Xa sabedes, é un bo momento para darlle unha oportunidade por capacidade de personalización e agora temén por deseño e nesta ligazón podedes descargalo.
Continua a guerra dos núcleos
Primeiro foi Mediatek que anunciou o seu novo SoC de 10 núcleos para o seu Helio X20. Pois ben, agora foi Qualcomm que respondeu co seu Snapdragon 818 tamén de 10 núcleos.
Onde está o límite? A maioría dos mortais precisamos tanta potencia ou o que precisamos é unha mellor optimización do software?
Google Fit recibe unha importante actualización
Se sodes usuarias desta aplicación estas de sorte pois nunha actualización liberada esta semana, Google Fit xa permite medir tanto distancias coma as calorías queimadas durante a nosa actividada diaria. Ademáis disporemos dun novo widget totalmente renovado.