Alza a túa bandeira pirata con Plunder Pirates

Os creadores da popular serie de Angry Birds, Rovio Stars veñen de publicar para Android e iOS outro divertido xogo ambientado no mundo da piratería.

Desenvolto por Midoki, Plunder Pirates, é unha aventura pirata na que temos que construír a nosa propia illa, reclutar e entrenar a nosa tripulación para explorar novos mares, saquear as illas inimigas, combatir contra outros piratas inimigos e contro outros xogadores do mundo.

PP3 PP5 PP6

Plunder Pirates destaca polos seus gráficos de alta calidade en tres dimensións, no cal podemos rotar e ver con todo detalle a nosa illa pirata. Tamén destacan as súas misións cargadas de humor, na súa xogabilidade e nos seus estratéxicos combates.

PP4PP2

Plunder Pirates xa leva un tempo funcionando en iOS polo que recibiu moi boas críticas, agora tocará ver que resultados obtén en Android. O xogo podédelo atopar en Google Play e ten un formato “free-to-play” e como a gran maioría, inclúe as compras integradas para evitar as esperas e para adquirir obxectos.

PP7

Google Play | Plunder Pirates

Sobre o autor

Reply