Mañá celébranse as eleccións municipais e, nalgunhas comunidades do Estado, tamén as autonómicas. Por vez primeira dispomos dunha aplicación oficial do Ministerio de Interior que nos permite seguir a xornada desde o noso Android, aínda que atopamos outra non oficial máis sinxela que tamén cumpre co seu cometido.
A oficial chámase Elecciones Locales 2015 (descargábel desde a Play Store) e permite coñecer os resultados en tempo real (tanto o reconto como a apertura e participación ás distintas horas), segregando por varios níveis: estatal, comunidade, provincia, municipio e, nalgunhas cidades, tamén por distritos.
O mellor de todo é que conta cunha función “favoritos” que nos permite ter gardadas aquelas buscas que nos interesen para acceder aos resultados das mesmas de xeito moito máis doado.
A outra opción que nos pareceu moi interesante é Elecciones 2015 (descargábel desde a Play Store), moito máis sinxela, xa que só teremos que introducir o nome do noso concello (ou o que queiramos consultar) para ver os resultados en tempo real, podendo comparalos cos obtidos no 2015.
Calquera das dúas apps son boas opcións para coñecer antes ca ninguén o resultado destas eleccións. Coñecedes algunha outra?