Airis anuncia o seu propio smartwatch

Smartwatch AIRIS SW01B (2)

Airis vén de anunciar o seu propio smartwatch, un dispositivo que destaca pola súa autonomía de até 150 horas (6 días) e que está dispoñíbel en dúas cores, branco e negro.

O trebello sincronízase a través do Bluetooth con calquera smartphone, o que permite recibir nel todo tipo de notificacións das aplicacións. Ademais ten un navegador web, reprodutor de audio e vídeo, radio, contador de pasos e calorías queimadas e, por suposto, función reloxo.

Dispón dunha pantalla táctil de 1,54 polgadas, lector de tarxetas micro SIM (grazas á cal pode facer/recibir chamadas e mensaxes) e micro SD, ademais dun porto micro USB para cargar a batería, o que evita ter que ter unha base propietaria como acontece coa meirande parte dos reloxos intelixentes.

Custa 189,90 € e está dispoñíbel para mercalo na tenda en liña da compañía e noutras canles autorizadas.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply