Vemos cada día como calquera trebello da nosa contorna, dun xeito ou de outro está sendo adaptado para darlle novos usos conectándoo á rede. Vendo esta realidade, as grandes empresas tecnóloxicas non se queren quedar atrás e por isto saiu con forza a posibilidade de que Google está traballando nun sistema operativo dirixido á “Internet das cousas” chamado Brillo.
Brillo estaría baseado en Android e Google pretende que sexa o sistema operativo elixido polos fabricantes de calquera tipo de aparellos para que estes poidan conectarse á rede, como está sendo tendencia. Todo apunta a que se trata dun sistema operativo moi lixeiro que sería quen de traballar con 32 ou 64 de memoria RAM.
Cal é a razón de facer que se precise tan pouca RAM? Unha lavadora, un forno,… son aparellos grandes que non tería problemas de espazo. Esta é a clave: o espazo. Google pretende facer intelixentes cousas de reducido tamaño e así crear bombillas e mesmo pechaduras intelixentes, así como calquera cousa que se nos pase pola imaxinación.
Estamos ás portas dúnha nova edición do I/O e agardamos que sexa neste evento no que Google aporte máis información sobre o proxecto.