O Samsung Galaxy S6 Active xa é oficial

Como era de agardar, pouco a pouco imos coñecendo os modelos derivados do buque insignia de Samsung, o Galaxy S6. A versión todo terreo vén de facerse oficial, inicialmente nos Estados Unidos da man da operadora AT&T, e se chama Samsung Galaxy S6 Active.

As súas especificacións son moi semellantes aos do S6 orixinal, aínda que con matices. Incorpora unha pantalla Super AMOLED de 5,1 polgadas e resolución QHD, procesador Exynos 7420, 32 GB de memoria interna e cámaras de 16 e 5 megapíxeles.

s6 active 01As diferenzas atopámolas no seu deseño e na súa resistencia a todo tipo de inclemencias, segundo a certificación IP68. A batería tamén cambia, subindo aos 3500 mAh, aínda que conserva a carga sen fíos e o sistema de carga rápida.

s6 active 02

Ten un botón de actividade lateral que pode ser programado para diferentes accións rápidas, como acceso á brúxula ou á lanterna, e está dispoñíbel en 3 acabados: camo white, camo blue e gray.

 

Sobre o autor

Reply