.Tuenti, a nova imaxe corporativa de Tuenti móvil

Falar de Tuenti como rede social é cousa do pasado. Tras uns anos de éxitos a compañía perdeu fol en favor de Facebook e Instagram, polo que o groso do negocio téñeno agora no operador móbil, ao que veñen de rebautizar como .Tuenti.

logo_Tuenti_negro

Ademais do rebranding, .Tuenti estrea 4G con velocidades de descarga que poden acadar até os 150 Mbps dispoñíbeis para as tres tarifas que oferta esta compañía low cost de Movistar:

  • 1 GB + 50 minutos VOZDIGITAL a números nacionais / internacionais por 7 €
  • 1 GB + chamadas ilimitadas VOZDIGITAL a números nacionais / internacionais por 12 €
  • 2 GB + chamadas ilimitadas VOZDIGITAL a números nacionais / internacionais por 18 €

Pero quizais o máis relevante de toda esta manobra de márketing sexa a posibilidade de probar os servizos antes de contratalos, polo que podemos ver se nos convence o que nos ofrece .Tuenti antes de facer a portabilidade. Basicamente, esta proba consistirá en baixarse a aplicación de .Tuenti, rexistrar o nosos teléfono e disfrutar de 50 minutos de VoIP para ver como vai VOZDIGITAL, o servizo de “número na nube” que emprega .Tuenti.

Nube .T

VOZDIGITAL permite ás usuarias facer ou contestar chamadas co seu número de teléfono desde calquera dispositivo conectado á rede a través de 3G ou WiFi, polo que non é estritamente necesario ter cobertura móbil (ideal para cando esteamos nos estranxeiro). Outro punto a destacar é que se elimina esa distinción entre números internacionais e nacionais, simplemente falamos de “chamadas”, o cal é unha mostra de por onde vai estar o futuro da telefonía móbil.

A partir do 23 de xuño calquera persoa poderá animarse a probar os servizos de .Tuenti. Logo xa verá se quere facer unha portabilidade a esta compañía ou seguir coa actual. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply