Mininovas Android: a malla da semana

Google Play Familia xa está dispoñíbel

Google Play Family section

Logo da súa presentación no recente Google I/O, xa podemos atopar esta nova sección na Play Store. Google Play Familia vai dirixida aos máis novos da casa e conta cunha chea de apps (sobre educación, xogos mentais,…) clasificadas por idades.

Ademáis, está dispoñíbel o control parental para que os máis cativos só accedan a contidos adaptados á súa idade.

O Moto X 2015 podeía ter sensor de pegadas dixitais segundo as últimas imaxes filtradas

moto

Coa inclusión do software preciso para a autentificación por pegada dixital incluída na recente presentación de Android M, máis esta filtración a modo de imaxe, todo apunta a que a renovación que vai sufrir o Moto X para 2015 vai incluir un lector de pegadas.

É un paso lóxico que deben dar todos aqueles terminais que pretendan pelexar polos clientes máis exixentes. Polo de agora só son filtracións e rumores que se van confirmar ou non no día da presentación.

Google Maps 9.10 permite alugar un coche e engade nova galería

google maps options

A renovación que sufriron varios servizos de Google foi tan necesaria como profunda. Así destacamos 2 novas funcionalidades que atoparemos na nova versión de Google Maps. A primeira delas e unha renovada galaría de imaxe dun lugar que sexa do noso interese. Ademáis poderemos facer zoom para ver máis detalles e unha panorámica.

A outra é totalmente nova: podemos alugar un coche desde a propia app de mapas, tendo acceso ao tipo de coche, número de confirmación e outros detalles habituais cando alugamos un.

Twitter permitirá DM’s de máis de 140 caracteres

twitter-logo

Dende o mes de Xullo, a extensión das mensaxes privadas vai aunmentar dun xeito moi notábel. A partires desa data, podemos enviar DM´s de até 10000 caractares moito máis dos 140 actuais.

Este movemento apunta ao xiro que dende fai un tempo se deixa adiviñar por parte de Twitter que é o interese da empresa de convertirse nunha ferramenta de comunicación o máis completa posibel: rede social + app de mensaxería.

Gmail xa soporta a verficación en dous pasos para as contas de Yahoo e Microsoft

outlook yahoo gmail

Tivemos confirmación que dende a aplicación oficial de Gmail para Android, xa podemos acceder a autorizacións seguras entre as contas de google e as de Yahoo e Microsoft sen compartir toda todo a información.

Dende logo, un extra de seguridade que nunca está demáis da que poderemos desgrutar dende xa mesmo.

Google axuda a topar o mellor terminal para cada usuaria

google elixe terminal 00

Se non temos moi claro que terminal se adapta mellor ás nosas necesidades, Google pónolo máis doado.

google elixe terminal

Lanzou un servizo web dixido polo de agora só para os EUA, no que aparecen unha listaxe de características dos terminais e nós temos que destacar aquelas que són máis importantes para nós e así ir metendo filtros de uso. Logo Google pide que elixamos unha operadora de telefonía coa que queremos contratar a liña de voz e datos para que finalmente, faga a súa recomendación en base aos filtros marcados por nós.

Nesta ligazón tedes acceso ao servizo.

Sobre o autor

Reply