Wiko Highway Pure con 4G en tans só 5,1 mm de grosor

wiki highway pure

Din que é o único smartphone que conseguiu integrar por completo a cámara de fotos en 5,1 mm de grosor. Sen entrar a valorar este tipo de competicións por ser o “máis mellor”, o certo é que o novo Wiko Highway Pure é todo un reto de deseño e ten unha apariencia ultradelgada.

Mais esa non é a única característica destacábel dun trebello que vén con toda unha serie de especificacións que chaman a atención pola súa calidade, algo ao que non sempre estamos acostumados nesta gama de produto.

A súa pantalla é un panel AMOLED HD de 4,8 polgadas (1280 x 770 píxeles, 306 ppi) e protección Corning Gorilla Glass. No seu interior atopamos un procesor Qualcomm Snapdragon 410, de catro núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD. A cámara principal é de 8 megapíxeles e dispón de flash LED, mentres que a frontal queda nos 5 megapíxeles.

Está dispoñíbel en tres acabados (negro con perfís dourados ou plateados e branco combinado con cor prata) por 299 €, un prezo que encaixa bastante ben para un dispositivo das súas características.

Sobre o autor

Reply